[COCO TEEN BLOG]

miércoles, 7 de febrero de 2018

    Existen amores imposibles. Persoas que non van a coñecerse endexamais. Persoas con vidas distintas e tan diferentes que é imposible que coincidan, e que no improbable caso de que o fagan, non se fixarán a unha na outra pois nin sequera se ven. Existe unha teoría que di que ás veces a lúa escolle a dúas desas persoas. Dúas persoas tan dispares como as estrelas o son das nubes que acariñan o sol, e se namoran. É un amor que pode con todo, como ten que ser, pois terá que enfrontarse a moitos obstáculos para sobrevivir. E, se o consegue, será un amor inigualable, desos que inspiran poemas e que fan que as persoas máis sensatas perdan a cabeza, ou que as máis perdidas atopen o seu rumbo. A lúa elixe a moi poucas desas parellas tan improbables, e de feito, hai anos que non escolle a ningunha, porque a última vez que escolleu unha, foi cando decidiu que o arco da vella casaría coa treboada, e por todos é sabido que eles nunca conseguiron estar xuntos.

viernes, 22 de diciembre de 2017

     A finais do 2017 o inverno tardou en chegar. Uns celebraban ese despiste das estacións e outros preocupados polo quentamento global, namentras polas fiestras asomaban árbores de nadal salpicados de escarcha de prata, creando confusión nos paxaros. Pero en decembro, cando xa ninguén pensaba no retraso do calendario, a natureza espertou de súpeto sacudíndose da súa preguiza outonal.

     Nun piso dunha cidade calquera, unha cova de cemento e ladrillos, atopábame maldecindo o frío. Eu estaba acostumada ao frío da miña vila natal, sen embargo, nada me preparou para este inverno siberiano chegado á cidade por erro. Lalín, coa súa fama inmerecida de clima benigno, onde o inverno é húmido e frío e o estío seco e ardente, está encaixoado entre montes verdes, que ás veces amanecen nevados; entón a luz máis pura do mundo se reflexa neses cumes de cegadora brancura. Unha vez ao ano, cae sobre a vila un pó triste e branquecino, que pouco alcanza a branquear a paisaxe urbana antes de desfacerse. A neve é sempre pura dende lonxe.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Atenuar.
Caer rendida ante a posibilidade de non ser unha ninguén.
Renunciar ao amor e as súas infinitas posibilidades.
Prantar unha árbore por canta tristeza teña enriba.
Escribir un libro.

Aferrarme a ti, 
ata esquecer a cor da terra,
o azul da brisa que penetra ata os ósos
e insensibiliza a cor dos meus beizos.

Só me queda o ton sanguiñento da angustia
esbarando gota a gota polo meu naris,
as apertas máis falsas que o meu propio sorriso.




jueves, 9 de marzo de 2017

A Remi

Es un anaquiño de cada un de nós. Vivimos moitas experiencias xuntos, como unha gran familia, onde ti eras un membro máis. Víchesme medrar, madurar e marchar da casa. E apesares de non vernos con tanta frecuencia, sempre tiñas tenrura e agarimo para darme. Sempre fuches o amigo máis fiel que necesitei. Rin, chorei e ata mesmo viaxei contigo.

Nunca esquecerei os teus olliños cor améndoa que falaban sós, nin o moito que che gustaba que te peiteara ou te masaxeara o lombo.

Vaste deixando un pequeno baleiro no noso corazón e na casa. Nunca haberá ningún outro can que te poida cambiar, porque ti es o insustituíble Remi.

Déixote ir en paz, pequeno amigo, boa viaxe e que sexas moi feliz alá onde queira que vaias.




martes, 22 de noviembre de 2016

     A ti que es o único no mundo, a única razón para chegar ata o fondo de cada un dos meus bafos. Cando te miro despois dun día cheo de palabras sen que ti me digas nada todo se volve claro.

     A ti che escribo porque non teño moito máis, nada mellor que ofrecerche de todo o que teño, toma o meu tempo e a maxia que cun só salto nos fai voar no aire coma burbullas.

     A ti que es. Simplemente es... Esencia dos meus días. A ti que es o meu grande amor. A ti que tomaches a miña vida e fixeches moito dela. A ti que lle deches sentido ao tempo sen medilo. 

     A ti que me ensinaches un pouco máis sobre os soños e o arte da aventura. A ti que cres na coraxe e tamén mo medo. A ti que es o mellor que me pasou, a ti que cambias todos os días e segues sendo sempre o mesmo.

     A ti que nunca estás satisfeito co que fas e sen embargo eres unha marabilla. As forzas da natureza concéntranse en ti; que es unha roca, es un planeta, un furacán, es o horizonte que me acolle cando me alonxo.

     A ti que es o único amigo que poida ter, o único amor que quixera ter. A ti que volviches a miña vida increiblemente bonita, que consegues convertir a tristeza en alegrías.



sábado, 15 de octubre de 2016

     Coñeces a roupa que levas posta, e de feito non é a primeira vez que a levas posta. Nin a segunda, nin a terceira... E por eso ao chegar a casa quítala rapidamente, sen preocuparte por se se está enrugando. Pero se fose a primeira vez que a pos, quitaríaste prenda por prenda delicadamente. Pero só se fose das primeiras veces. E agora xa non. Agora chegas a casa despois dun día duro e tiras o bolso e o móbil sobre a cama, pero se fose novo deixaríalo na mesa e ata terías medo de que se raiara. E o mesmo sucede coas persoas, coa túa parella, coa túa familia. Sabemos que están aí, e deixamos de miralos como a primeira vez. Pararon á historia as miradas do primeiro día, e ter que pensar a frase perfeta antes de dicila. Deixamos de conquistar día a día, porque xa non é novo, porque se consume. Consumimos obxectos, roupa, viaxes, experiencias e ata persoas. E tamén o amor. 
E o amor non debe consumirse endexamais. Porque se fose a primeira vez que chamases a alguén, non te quedarías calado ao outro lado do teléfono, preguntaríaslle ata o máis mínimo detalle. 
Se fose a primeira vez que viras a esa persoa, o perfume que levara quedaríaseche gravado para recordalo cando vos despedírades. Se fose a primeira vez que vas ao cine, acordaríaste ata da butaca onde estabas sentado. Se fose a primeira vez que durmes xunto alguén, cambiarías as sabas, perfumado o cuarto e non vos deixaríades de apertar en toda a noite. 
E o mesmo ocorre coas últimas veces. O que pasa é que non sabemos cando será a derradeira vez que vexamos a alguén, ou que vaiamos usar algo. E continuamos actuando como se non pasara nada. Pero se fose a derradeira vez, cantas cousas cambiarías? Se fose a derradeira vez que puideras escribir, deixarías unha carta despedíndote e agradecendo a quen o merecese. Se fose a derradeira vez que viaxaras? Pensáchelo algunha vez? Pois ese destino que tes en mente, é o que tes que facer. E non esperes ao último día para agradecerlle algo a alguén. Juan, prométoche que se fose a derradeira vez que te vira, diríache o mesmo que penso día a día. Que te quero un montón e que non querería vivir sen ti.

miércoles, 5 de octubre de 2016

     A realidade non é só como se percibe na superficie, tamén ten unha dimensión máxica e, se a alguén se lle antolla, está permitido esaxerala e poñerlle cor para que o paso por esta vida non resulte tan aburrido e monótono.